mércores, 4 de marzo de 2015

Eu son Rosalía

Rosalía dignificou o idioma galego iniciando coa súa obra “Cantares gallegos” o Rexurdimento literario no S. XIX.
Rosalía é a voz do emigrante obrigado pola pobreza a deixar a súa terra.
Rosalía é a voz das mulleres “viúvas de vivos e mortos” e da primeira reivindicación feminista.
Rosalía é a voz dos galegos e galegas que reclaman xustiza, a voz que se identifica cos que sofren, a que canta o amor, a dos que se senten abafados pola “negra sombra”, a voz dos que  na desesperación desexan a morte.
Rosalía é a voz da alegría de vivir, a da celebración das festas e romarías…
Rosalía é a expresión literaria do sentimento humano de aquí e de calquera lugar. Emporiso calquera persoa do mundo se pode identificar cos seus versos.
ROSALÍA, GALEGA UNIVERSAL


DSC00576 (Preme na imaxe para acceder ao vídeo)



341

Ningún comentario:

Publicar un comentario