venres, 24 de outubro de 2014

Cociñando contos



Como se cociñan os contos? A fantasia, o real e o imaxinario, a vida, o amor, as palabras, a aventura, a maxia, as viaxes, o humor,o xogo, a diversión... son algúns dos ingredientes que conforman a creación literaria. Os alumnos e as alumnas do IES LEIRAS PULPEIRO de 1º de ESO participaron nos obradoiros organizados pola Deputación Provincial dentro das actividades da VI Semana do Libro e da lectura.  Para asistir ós  obradoiros  elaboraron traballos que se poden ver expostos no Museo Provincial. Resultou unha actividade moi gratificante. A continuación podedes ver unha reportaxe gráfica das actividades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario