martes, 12 de outubro de 2021

SEGUNDA QUENDA DE #MICRORRELATAS.

Estades listos/as para as #microrrelatAs desta semana? Creade unha coas palabras muralla, chafalleiro, livián e cacharela. Lembrade que non pode participar a gañadora da anterior semana🙅 pero o resto, si.  Tedes até este venres ás 14h para enviar a vosa creación a inscricionslingua@coruna.gal.

Non é só para o alumnado, podedes participar todas e todos, maiores ou menores de 18 anos! Consultade as bases no Facebook e no Instagram do Normalización Lingüística do Concello de A Coruña. Nós témolo todo colgado na nosa conta @leirantes.

Animádevos! Non nos digades que coa fermosa muralla que temos en Lugo non vos vén inspiración💡📝, eh👈


Se tedes máis de 18 anos as palabras son: espantallo, vampiro/a, limacha e rocha 😖😬😵

Ningún comentario:

Publicar un comentario