martes, 12 de outubro de 2021

UNHA ALUMNA DO LEIRAS, A PRIMEIRA GAÑADORA DO CONCURSO #MICRORRELATAS!

 

Levamos unha feliz sorpresa🙌 xusto ao pouco de comezar a ponte cando soubemos que unha alumna  de 2º de ESO do noso centro, Iria Burgo resultou ser a gañadora da 1ª quenda do Concurso de #Microrrelatas na categoría de menores de 18 anos (lembrade que durante as 4 semanas de outubro haberá catro quendas). Outra escusa máis para facer outra festa no San Froilán🐙🎉🎆🎈🎢.  As catro palabras requeridas para a creación foron ra🐸, axexar👀, compañeira👭 e fento🌿 e a Iria saíulle esta orixinal microhistoria: 

LAURRÁ

Era un luns ás 9.00 da mañá e a miña compañeira Laura e mais eu estabamos a facer un traballo de Bioloxía. Este consistía en ir a un bosque e identificar os diferentes tipos de árbores. Estaba observando un fermoso castiñeiro cando me decatei de que a nena non estaba canda min. Decidín chamala ao teléfono móbil e este comezou a soar entre as follas duns estraños fentos. Laura non aparecía por ningunha parte. Eu estaba preocupada por ela, ata que por fin a vin... pero nun corpo que non era o seu. Era unha ra! Distinguina porque aínda que era un anfibio, tiña unas cabelos vermellos moi ben peiteados. Nese momento o único que me preocupaba era a rapaza e por iso decidín deixar o traballo para logo. Tiña un misterio que resolver.

Parabéns, Iria!👏

Estades listos/as para a próxima quenda?🏁

Ningún comentario:

Publicar un comentario