mércores, 4 de novembro de 2020

RE-CREANDO LITERATURA 2

 

Continuando coa re-creación de poemas dos nosos autores galegos máis importantes, os alumnos e alumnas de 4ºD, decidiron darlle aínda outra volta ao poema de Ramón Cabanillas "Camiño longo", que os seus compañeiros do grupo C volveran a prosa. Este grupo ademais de prosificalo, converteu o ton triste e melancólico do poema, en ledo e positivo. Iago García Hernández e Sofía Díaz Fidalgo e Nayra Moldes Lozano ocupáronse de ilustralo. E velaquí o resultado, unha mestura das aportacións de case toda a clase. Dúas maneiras moi orixinais  e fermosas de amosar como é a nosa vida 😊😢🌑🌟☂⛅🌈☀

No camiño alegre e soleado, rodeado de sol e rosas, encóntrase a miña vida,. O camino da miña vida é curto pero colorido. Tanto ten que sexa de noite ou de día.Un camiño cheo de sorpresas e ilusións, de fontes cheas de auga e unha chouza para descansar á luz das estrelas. Ti onde me levas!

O sol, a primavera e as margaridas cubriron as miñas feridas! As rosas enchéronme de felicidade e as fontes caudalosas, con auga.

Este camiño é moi doado de atopar se tes alegría, chega ao seu final se amosas tristeza. Non busquemos un mal camiño, o caso é facelo bonito, rozando as xestas. Converteremos esa lameira, na carballeira da festa! 





1 comentario:

  1. Moi bo traballo, unha luz na escuridade. Ánimo a ese alumnado que sigan lendo e interpretando literatura

    ResponderEliminar