luns, 2 de novembro de 2020

OUTRO CONCURSO LITERARIO!


 Xa está convocado o XXVI Certame de Contos e Relatos curtos Trapero Pardo, organizado polo Concello de Lugo con 1000€ en premios💰. Unha vez máis queremos que vos animedes a participar no mesmo, non sei se o lembrades, na edición anterior resultou gañadora do 1º Premio🏆📜, a alumna Rosalía Bernárdez Riopedre

No Leiras hai talento e alumnas e alumnos con ganas de contar cousas. Tedes as bases na imaxe de abaixo. O prazo de entrega das obras remata o 20 de decembro, así que tedes aínda tempo para cavilar e crear mundos marabillosos.








Ningún comentario:

Publicar un comentario