mércores, 11 de novembro de 2020

Campaña TABOEIROS EN GALEGO

 Seguimos galeguizando as instalación do noso IES. Primeiro foron os cartaces da Cafetería (grazas, Belén, a responsable da mesma, pola túa colaboración!😘) e agora tócanos cos taboeiros das aulas. Para ese mester, o noso compañeiro Manuel Vilariño elaborou uns padróns co calendario do curso por meses para que o alumnado apunte neles as datas dos exames e outras actividades. 

Damos as grazas ás titoras e titores que tamén colaboraron poñéndoos nas aulas. Están a resultar moi prácticos 😚


Ningún comentario:

Publicar un comentario