xoves, 12 de novembro de 2020

COÑECENDO VIRTUALMENTE A ÉPOCA NÓS

Como neste curso non podemos acudir a ningunha exposición, a exposición ten que vir xunto de nós. Foi o caso de Galicia, de Nós a nós, que se pode visitar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela

Parte do alumnado de 4º da ESO participou nesta visita virtual sobre a Xeración Nós na que lles falaron do contexto político, histórico e social do período no que realizaron os seus mellores traballos os homes do Grupo Nós. A seguir, cando a tecnoloxía o permitiu, houbo un chat con preguntas.

Esperamos que as vindeiras visitas as poidamos facer en persoa...👪👫👭


Falando cun dos guías da exposición


 Ao son da música!
 

Dous participantes do chat

Estamos no mapa de Domingo Fontán!

Formaliños(!)

Xa falamos da revista Nós na clase


Ningún comentario:

Publicar un comentario