mércores, 15 de xaneiro de 2020

Próxima visita de MANUEL NÚÑEZ SINGALA

Ide apuntando horas e data 📝, o xoves 30 de xaneiro teremos a sorte de recibir o escritor lugués, Manuel Núñez Singala, autor de lecturas moi populares entre o alumnado de ESO e Bacharelato.
Nuñez Singala dará unha charla ás alumnas e alumnos de 3º de ESO sobre a súa novela Camiños na auga,🚣 que puideron ler no 1º trimestre do curso. 
Así mesmo, o escritor falará co alumnado de 1º de Bacharelato do seu libro de relatos curtos, Instrucións para tomar café e concluirá cun breve encontro cos membros do Club de Lectura  para falar do seu apetitoso Menú de enganos.😋

As tres actividades terán lugar no horario a seguir:
  • 10.10h-11h. Charla co alumnado de 3º de ESO.
  • 11.30-12.20h. Charla co alumnado de 1º de Bacharelato.
  • 12.20h. Encontro co Club de Lectura da Biblioleiras.
Xa queda pouco! ⌛⏳

Ningún comentario:

Publicar un comentario