Lembrade que a Agrupación Astronómica Coruñesa propuxo o nome de Rosalía de Castro para a estrela HD 149143🌟, e o de Sar para o seu exoplaneta HD 149143 b🌗 e conseguiron que precisamente a nosa autora máis universal estea presente no universo🙌
A asociación ampliou a proposta incluíndo outros topónimos asociados a vida e obra de Rosalía: Laíño, Lestrobe, Bastavales, Conxo ou Iria.
Todo comezou cando a IAU (Unión Astronómica Internacional en inglés) organizou en 2019, co gallo do seu centenario, unha campaña para que cada país do mundo lle puxese nome a unha estrela cun exoplaneta asociado. O tríptico descríbenos e explícanos as características e a ubicación de Rosalía e de Sar no universo, completando a exposición con algúns dos poemas da autora onde aparecen mencionados o ceo, as estrelas ou a lúa.
Ademais da exposición sobre astronomía vinculada á estrela Rosalía, o tríptico tamén nos amosa outras facetas da escritora: a ecoloxista e a feminista. Non esquezades que Rosalía tamén cantou á nosa natureza e alzou a voz nos seus versos contra a situación das mulleres do seu tempo.
E non vos contamos máis! Botádelle un ollo ao tríptico se ides camiño da Biblioteca, a Estrela Rosalía faravos de guía🌠
Ningún comentario:
Publicar un comentario