xoves, 16 de xaneiro de 2020

4 ALUMNAS E 1 ALUMNO DO CENTRO PREMIADOS NO CONCURSO DE POESÍA DE NADAL DA BIBLIOTECA PÚBLICA DE LUGO

Que alegría levamos ao enterármonos da nova!👏👏🎉 É para nós un pracer anunciar que houbo catro premiadas e un premiado na fase local do Concurso de Poesía de Nadal que organiza cada ano a Biblioteca Municipal de Lugo.

Velaquí a os nosos premiados :

CATEGORÍA 12-16 ANOS🏆

1º Premio: Daniela Vicente Taboada, "Confusión no Nadal"

2º Premio: Mencía Prada Iglesias, "Ilusión"

Mencións especiais:📜

Uxío Pita Bruzos, "O Nadal e os Reis"

Natalia López López, "Chega xa o Nadal"

Rita López García, "O Nadal"


IMPORTANTE📝:  a entrega dos premios terá lugar o xoves 23 de xaneiro ás 18.00h no salón de actos da Biblioteca Pública. 
Mil parabéns ás premiadas e ao premiado e tamén aos demais compañeiros e compañeiras que participaron no certame e non conseguiron premio, había cousas moi boas👌. Para a próxima!💝

Ningún comentario:

Publicar un comentario