luns, 14 de outubro de 2019

Non hai curso sen concursos: PREMIOS LITERARIOS MINERVA.

 Non podiamos estrear o outono 🍂🍁🌂☔ sen vos animar a participar en concursos literarios, que xa comezan a se convocar.
Como cada ano dende hai 48, o Colexio Peleteiro organiza o seu prestixioso certame Premios Literarios Minerva, dirixido a todo o alumnado de Secundaria e Bacharelato.
Na imaxe de abaixo tedes as bases do concurso e se precisades de máis informacion no Departamento de Lingua e Literatura Galega podémosvos dar folletos.

Ollade ao voso redor e inspirádevos, hai cousas ben bonitas sobre as que podedes escribir! 📝

Ningún comentario:

Publicar un comentario