No caneiro do Club Fluvial, a néboa deixou paso ao 🌞 |
O EDL fixo a súa contribución explicando os nomes en galego da flora autóctona e falando un chisco das orixes das aceas e os caneiros.
Así, entre outras actividades, os nosos alumnos e alumnas tomaron nota para os seus traballos, da abundancia de freixos, bidueiras (bidos, bidueiros, bídalos, albelos...), castiñeiros (ou castiros), piñeiros, ameneiros (ou amieiros), dos diferentes tipos de carballos, nogueiras, salgueiros, abelairas, fentos (ou fieitos, folgueiras, felgos), coñecendo así a riqueza do léxico galego para denominar árbores, plantas aromáticas e arbustos (o loureiro e o fiúncho)🌰🌲🌳🍃🍂🍁🍀
Excelente iniciativa👏👏 para valorar o noso patrimonio etnográfico e léxico, ademais de para practicar exercicio físico, saber distinguir as árbores propias e as de fóra, e botar man da tecnoloxía para a xeolocalización.🚶📲
Dez fantásticos quilómetros |
Na Cheda, a piques de comezar o roteiro cunha néboa ben mesta. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario