Foron tres fantásticas horas nas que conviviron música e poesía... e premios literarios! Tamén aproveitamos para dar o premio do Concurso Personaxe da semana, do Proxecto Donas de si, coordinado por Eva Teijeiro.
Queremos agradecer a todos os alumnas e alumnas a súa participación nesta festa da nosa lingua así como ao profesorado que traballou e colaborou para que saíse tan ben. Moitas grazas, María, polo teu formidable traballo coordinando as actuacións musicais🎹🎶, e grazas a Bea, Suso, Rosa, Vilariño, Traseira, José Manuel, Nati, Belén García e Cristina por aprender e recitar os fermosos cantares de Cotobade, a Juncal, por coordinar a rapazada de 4º de ESO no recitado dos mesmos e a Xabi, polos arranxos técnicos. Igualmente, grazas aos outros compañeiros e compañeiras que participastes nos vídeos.
Non faltou a música |
Sinceros parabéns aos gañadores e gañadoras dos acésits e premios literarios, tivemos que ler máis de 80 traballos vosos entre toda a ESO e o Bacharelato para nos decidir cales foron os mellores, e levou traballo. Grazas por participar!
Para este último acto elaboramos outra presentación, esperamos que vos guste. Saímos todos ben guapos!🎉
Premio Concurso Donas de si |
Lembrade, usade o Firefox.
Letras Galegas 2019 2º Ciclo e Bacharelato 1 on PhotoPeach
Ningún comentario:
Publicar un comentario