Ademais do primeiro e o segundo premio habituais, concedemos varios acésits e algún dos premios tivemos que entregalo ex-aequo, porque a verdade é que había cousas moi boas.
Para a parte musical tivemos o pracer de escoitar a Marcha do Antigo Reino de Galiza e o Himno Galego, a ritmo de gaita e de frauta, respectivamente. Queremos agradecer o gran traballo de Carlos Bello, como coordinador musical.
Tamén damos as grazas a Juncal, que tamén ensaiou cos seus rapaces e rapazas, a Ana Dopazo, Eva Teijeiro, Nati, José Manuel, Luís e Carlos, a todos, pola súa participación no recitado das cantigas de Cotobade. Tamén moitas grazas a Suso, por preparar as cantigas cos rapaces e rapazas do Clube de Lectura e a el mesmo, por recitar.
Vaille mal á rapaza de atrás😂 |
Ademais destas fotos fixemos unha presentación que resume a actividade. Tedes que visionala co buscador Firefox. Que vos guste!😊
Letras Galegas 2019 1º e 2º de ESO on PhotoPeach
Ben se ve que o pasastes de marabilla. Gústame esta festa da lingua
ResponderEliminar