mércores, 29 de maio de 2019

Comeza a FESTA DAS LETRAS GALEGAS 2019!

Maña xoves, 30 de maio e pasadomañá, venres 31, dará comezo a Festa das Letras Galegas que cada ano o IES Leiras Pulpeiro organiza puntualmente. O protagonista das Letras Galegas deste ano, como xa sabedes, é o xeógrafo, historiador e antropológo, Antonio Fraguas Fraguas. Grazas aos seus traballos temos a sorte de coñecer a enorme riqueza do noso patrimonio cultural.
Para homenaxealo, os membros da comunidade educativa do noso centro, recitaron e cantaron varias das coplas populares seu Cotobade natal, que recompilou no libro Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade.

Ademais diso, este xoves no Salón de Actos ás 13.10h, o alumnado do 1º ciclo da ESO e do Club de Lectura, participará no recitado de máis cantigas🎤 e ademais teremos a sorte de gozar con actuacións musicais🎶🎵, coordinadas polo profesor Carlos Bello (Xeografía e Historia).
O venres a partires das 11.30h contaremos coa participación do alumnado do 2º ciclo de ESO e de Bacharelato,  que lerán tamén as "cántigas" de Cotobade xuntos con algúns profesores e profesoras e gozaremos de máis actuacións musicais organizadas por María Cabo (Música).

Ao final de cada acto terá lugar a esperada entrega dos premios 🏆 e dos diplomas do Concurso Literario nas modalidades de narrativa, poesía e deseño de postais literarias. Non foi doado elixir os mellores traballos pero si un pracer lelos e contar con tantos alumnos e alumnas. Moitas grazas pola vosa participación! 💓

Ningún comentario:

Publicar un comentario