luns, 27 de maio de 2019

Saímos na REVISTA MIUZALLAS

... que é a revista que anualmente publica o Colectivo Estiño , que se ocupa de coordinar da elaboración dos seus famosos e fermosos calendarios temáticos que locen por varias partes do instituto. Este ano ía dedicado ás flores silvestres galegas 🌸🌻🌼🌺🌿🌹

Lembrades que os alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO participastes na súa realización debuxando nuns pétalos unha flor silvestre denominada pé de galiña? Pois ben, como só se puido escoller nada máis que un traballo para formar parte do calendario, na revista podedes ver que aparecen uns cantos máis pétalos vosos. Velaquí unhas fotos para vos refrescar a memoria:

Aparecen tamén uns divertidos acrósticos compostos por alumnas e alumnos de 2º de ESO ilustrados cos pétalos do pé de galiña.

Se queredes botar un ollo á revista para verdes mellor os vosos traballos, premede en Revista Miuzallas, aparecemos nas páxinas 8 e 9!

Que vos guste moito!









Ningún comentario:

Publicar un comentario