xoves, 13 de xuño de 2019

O BONITO DE APADRIÑAR LECTORES E LECTORAS

 Brais, de 1º de Bac, coa súa "afillada lectora" termando dun
libro de Agustín Fernández Paz.
O EDL aplaude esta pioneira e fermosa iniciativa da Biblioteca do noso centro de amadriñar ou apadriñar a un lector ou lectora do último curso de Infantil do CEIP de Casás. As madriñas e padriños son alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato e do Club de Lectura. Ademais das lecturas, os maiores comparten xogos, conversas e risas cos seus pequenos afillados, que están encantados de pasar un par de horiñas no Instituto, a onde os máis deles acudirán dentro duns anos.
Velaquí tedes unha pequena mostra de como transcorreu a actividade. Moitos parabéns ás organizadoras por tan interesante actividade e grazas por fomentar tamén os libros en galego!

 Que interesante...
 Unha madriña de 1º de Bac, e un padriño do Club de Lectura
 Adorables

 Que ben o pasamos cos nosos padriños Sergio e
David!

 A ver se nos toca o libro do sorteo, pecha os ollos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario