|
"A derradeira lección do mestre" |
Xa fora o Padre Sarmiento no XVIII, quen realizara esta proposta pero non foi até os anos vinte do século XX cando a República abriu un tempo de esplendor pedagóxico e un enorme desexo de facer unha "nova escola".
Os mestres e mestras de Galicia desexaban tamén introducir o noso idioma no ensino.
O golpe fascista do 36 truncou todas estas expectativas e moitos mestres foron pasados polas armas ou represaliados polas súas simpatías cara á República.
A pintura principal da exposición
Castelao Maxistral, é un óleo realizado por A.R. Castelao no ano 1945 durante o seu exilio na Arxentina, baseado na estampa nº 6 do seu álbum
Galicia mártir.
O rostro do mestre fusilado é o do intelectual galeguista e amigo seu, Alexandre Bóveda, a quen lle quixo render unha homenaxe tras o seu asasinato a mans dos falanxistas.
|
Castelao amosou nos seus debuxos o absurdo da situación nas escolas galegas:
ensinantes impartindo en castelán a un alumnado
na súa inmensa maioría galegofalante que non
comprendía as explicacións do mestre.
Alumnos e alumnas de 1º de BAC e profe camuflada durante
a visita á exposición no Gaiás.
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario