luns, 21 de xaneiro de 2019

"Miñas donas e meus señores: ..."

Alba de Groria é o discurso que deu Afonso Rodríguez Castelao o 25 de xullo de 1948 no Centro Gallego de Buenos Aires, co gallo do Día da Patria Galega. Está considerado coma o discurso máis fermoso da oratoria galega.
O Consello da Cultura Galega organizou unha exposición interactiva no Museo do Pobo Galego, á que acudimos co alumnado de 1º de BAC e puidemos gozar (!) en tres dimensións, da visión da Santa Compaña de persoeiros galegos e de galegos anónimos que construíron a nosa historia e a nosa lingua. Nas imaxes amosámosvos como decoramos o taboeiro do EDL para recrear a visita.





3 comentarios:

  1. A próxima exposición xa a montades vós, quedou moi ben. Supoño que iriades tamén ver a obra de Castelao "A derradeira leición do mestre ".

    ResponderEliminar
  2. Si, aproveitarmos a tarde para visitala. Foi unha xornada moi completa para coñecer de preto parte da obra de Castelao.

    ResponderEliminar
  3. Fomos, fomos. Bota un ollo á anterior entrada, Fefa.

    ResponderEliminar