mércores, 16 de xaneiro de 2019

O GALEGO, LINGUA VENCEDORA DO CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR

Non entendía por que non podía poñer aquela pulseira dourada. A lenda dicía cousas terribles sobre ela, mais eu non as cría. Que equivocada estaba!...

Este é o inquietante comezo dunha "protohistoria" de medo, que resultou gañador do Concurso do Mes do Medo da Biblioteca, no que o alumnado tiña que participar redactando o inicio dunha historia de terror sen exceder as 25 palabras.

A autora é Alicia Illán Sastre, alumna de 4º de ESO. Tamén resultaron premiados no concurso outras tres alumnas máis de 4º de ESO, unha alumna e un alumno de 2º de ESO, unha alumna e un alumno de 2º de BAC e unha alumna de 1º de ESO.

Temos que nos sentir orgullosos porque o galego foi a lingua maioritaria na que participaron os alumnos. Dos aproximadamente 130 textos presentados, 100 foron redactados en lingua galega e dos 10 finalistas, 8 eran en galego.

Parabéns aos premiados e aos que non o foron, cónstanos que houbo propostas moi boas pero non había premios para todos...

Alicia, a flamante gañadora, que 
recibiu como premio un libro

de José Luis Sampedro, La senda del 
drago. 



Ollade con que bolígrafos óseos máis divertidos foron agasallados todos
 os premiados

2 comentarios:

  1. Que beb que o alumnado se anime a escribir, hai Moi boa materia prima. Moi boa noticia a abundancia de textos en lingua galega. Parabéns @s premiad@s e a seguir usando a lingua de noso en tódolos ámbitos

    ResponderEliminar
  2. Parabéns @s premiad@s, seguro que disfrutaron poñendo no papel esas estupendas ideas que lles bulen pola cabeza. Ánimo e a seguir...

    ResponderEliminar