xoves, 22 de novembro de 2018
150 ANIVERSARIO DA PRIMEIRA GRAMÁTICA GALEGA
Hoxe festexamos os 150 anos da primeira gramática sobre a lingua galega, cuxo autor foi o ourensán Juan Antonio Saco Arce. Está considerada polos especialistas da Real Academia Galega como unha gramática de gran nivel científico para o seu tempo.
Saíu no ano 1868 no prelo de Soto Freire, en pleno Rexurdimento, o mesmo prelo que cinco anos atrás publicara Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
A primeira gramática da lingua castelá, de Antonio de Nebrija, editouse no século XV; a primeira gramática da lingua portuguesa, de Fernando de Oliveira, viu a luz en Lisboa no século XVI.
Houbo que agardar até o século XIX a que aparecese a primeira gramática sobre a nosa lingua.
Nunca é tarde. Bo aniversario, Gramática Galega!🎂
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario