Sufraxista (Imaxe tirada de Portal das palabras). |
Escolleron a voz apoderamento: proceso polo cal unha persoa ou grupo social adquiren os medios para fortalecer o seu potencial en termos económicos, políticos ou sociais".
O EDL do Leiras Pulpeiro aplaude esta iniciativa e convídavos a ler o artigo dedicado ás orixes desta palabra, o empowerment inglés, provinte do inglés antigo *pouer, que bebeu á súa vez das fontes do francés antigo *povoir, derivado do latín vulgar *potere, que significa "ser hábil, ter potestade". E como o latín ten raíz indoeuropea, as orixes remóntanse a un antiquísimo *poti ("dono/a").
Se queredes ler este breve e interesante artigo premede en apoderamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario