xoves, 25 de outubro de 2018

O xogador Fran Beltrán fala galego en público.

E que ben o fai para levar tan pouco tempo en Galicia este rapaz orixinario de Toledo! 
O xogador do RC Celta, Fran Beltrán, atreveuse a dicir na nosa lingua unhas palabras de agradecemento cando foi recoller o Premio Estrella Galicia ao mellor xogador  do mes de setembro. 
Énchenos de orgullo ver xente nova con esta actitude e este compromiso cara ao galego, oxalá houbese máis coma ti, Fran.


Ningún comentario:

Publicar un comentario