A Biblioteca do noso centro "agasállanos" co Mes do Medo, durante o cal poderemos gozar dunha exposición cos títulos máis emblemáticos do terror da literatura universal.
Tamén nos propoñen dende a Biblioteca, que participemos no concurso de microrrelatos de medo, no que tedes que escribir o comezo dunha historia de medo cun máximo de 25 palabras. Tedes todo o mes de novembro para vos inspirar!
Nós aproveitamos esta estupenda iniciativa para facer que os nosos alumnos e alumnas participen con aportacións en lingua galega. De seguro que haberá propostas terrorificamente boas 🙀🙀
Ademais diso, realizaremos lecturas en voz alta no espazo da Biblioteca, de historias de medo da literatura galega, de obras de autores que todos coñecedes (Cartas de inverno, Cando petan na porta pola noite, Historias que ninguén cre, A man do medo, Contos da néboa, Tres historias para ler á noite...) ademais de clásicos universais (Poe, Maupassant, Bran Stoker, Mary Shelley, Hoffmann...) traducidos ao noso idioma, e de lendas tradicionais do país recompiladas en Galicia encantada.💀👻👹
Premede no título Mes do Medo enriba e non perdades o vídeo que lle dedicaron ao libros en galego!
Ningún comentario:
Publicar un comentario