|
www.mondaviarts.org |
A responsable desta fermosísima versión de
As nenas de Camariñas, un clásico da música tradicional galega, é a cantante folk e multinstrumentista escocesa
Julie Fowlis. A lingua habitual das súas cancións é o gaélico, a lingua céltica falada en Escocia e Irlanda. No seu último álbum,
Alterum, ademais de cantar en gaélico, Fowlis interpreta por primeira vez dúas pezas en inglés e "Camariñas" en galego.
Agora que a todo o mundo lle dá por cantar en inglés,
unha cantante escocesa vai, e canta en galego, todo un agasallo para os oídos.
Taing dhut, Julie! 💜
Ningún comentario:
Publicar un comentario