mércores, 17 de outubro de 2018

O VALOR DA CURIOSIDADE

Rosmarie Fuchs é unha rapaza que está a piques de rematar os seus estudos de Tradución na Universidade de Leipzig (Alemaña). Ademais do alemán, fala inglés, español, portugués e... galego!

De onde vén o seu interese pola nosa lingua? Unhas cantas visitas a Galicia como turista espertaron o seu desexo por aprender galego e matriculouse nun curso intensivo na súa universidade. Despois de catro meses estudando galego neste vídeo podedes ver os seus espectaculares progresos. 

E nós preguntámonos: por que hai tantos galegos e galegas que din que non falan o idioma usando como escusa que lles costa moito? 
Vede este vídeo realizado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig, xulgade vós mesmos. 







Ningún comentario:

Publicar un comentario