luns, 8 de outubro de 2018

O FÍSICO JORGE MIRA TRADUCE AO GALEGO A STEPHEN HAWKING

 https://www.gciencia.com/ciencia/breve-historia-tempo-galego/
Temos por fin en galego o libro máis coñecido do científico de Oxford recentemente finado. O autor da tradución é o catedrático de Física e comunicador científico Jorge Mira
Unha breve historia do tempo (1988)  foi un éxito de vendas e un dos libros máis lidos por lectores non especialistas na materia, converténdose así nun clásico da divulgación científica🌌🌠🔭. Estará dispoñible en librarías ou por internet. Se queredes saber máis sobre a obra de Stephen Hawking premede no título. Unha boa adquisición para a Biblioteca do centro e para os Departamentos de Ciencias...
Novas  así dá gusto espallalas.👏👏

Ningún comentario:

Publicar un comentario