Sabiades que en Portomarín existe unha cidade asolagada que agocha terribles segredos? Non podemos seguir contando...
A súa autora, a burelá Antía Yáñez, vainos visitar ao centro o 17 de decembro, para nos falar da súa novela e poderedes charlar con ela e preguntarlle cantas cousas queirades sobre a cidade misteriosa. Quen sabe? Se cadra algún de vós se anima a escribir novelas de misterio en lingua galega...📝
Máis rapaces e rapazas da vosa idade animáronse a ler O misterio de Portomarín e encantoulles, é o caso de Sara Sabir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario