|
Fotografía tomada do xornal Faro de Vigo |
Leva só uns meses en Vigo e
o xogador do Celta, o madrileño Fran Beltrán está a aprender galego. Nunha entrevista realizada para o xornal
Faro de Vigo este rapaz de 23 anos amosou o seu interese por aprender a nosa lingua para así achegarse aos seareiros e seareiras do seu equipo. De momento válese do galego só para chiar en Twitter, axudándose do tradutor, mais en breve quere comezar a estudar o noso idioma para ser quen de manter unha conversa con xeito.
Como presta escoitar estas novas!
Todo un exemplo de integración lingüística. Bravo, Fran, desexamos que marques moitos goles e que aprendas ben pronto o galego para paliquear contigo!👍👍⚽
Ningún comentario:
Publicar un comentario