Unha alumna e un alumno de 4º de ESO do noso centro son dous dos seis finalistas do Concurso de mensaxes de amor #LinguaDeNamorar, que organiza cada ano Xuventude e a SXPL. Este ano tivemos unha nova modalidade de concurso envíando as mensaxes vía Instagram. Esta fin de semana levamos a sorpresa ao saber que as mensaxes de Noa e Román forman parte das finalistas!👏👏👏👏. Como coas Tanxugueiras, agora tócalle ao público votar pola mensaxe vencedora. Nós xa o fixemos! Se queredes que gañe algún dos dous alumnos nosos, entrade en Instagram en @xuventudegalicia, dádelle un 💓ás fermosas mensaxes de @fillogas_ ou a @nooarc_ Tedes até o 8 de abril inclusive!
Parabéns a Noa e a Román e a todas as persoas que namoran na nosa lingua e da nosa lingua.
ResponderEliminar