luns, 4 de abril de 2022

O "DICIONARIO DE GALEGO PARA BOOMERS" PREMIO "MIL PRIMAVERAS" AO MELLOR PROXECTO DE FOMENTO DO GALEGO

O Dicionario de Galego para Boomers, coordinado pola nosa antiga compañeira, Noemí García Rodríguez, acaba de gañar o Premio Mil Primaveras ao Mellor Proxecto de Fomento do Galego na Infancia e/ou Mocidade 2021. 
Todo un orgullo para o Leiras Pulpeiro e para o ENDL, que o apoiou e participou no proxecto de Noemí dende o primeiro momento. 

Mais temos dobre boa nova! O blog culinario Media laranxa🍊, tamén creación de Noemí e no que tamén participamos alumnado e profesorado creando receitas, gañou o mesmo premio na categoría de Fomento do Galego no Ámbito Sectorial.

En hora boa, Noemí, foi un inmenso pracer terte de compañeira e de que os teus dous traballos formen parte do proxecto do noso ENDL!👏👏👏👏👏👏

Noemí, na Biblioteca do noso centro o curso pasado


1 comentario:

  1. O pracer foi meu! Foi unha gozada formar parte do Leiras Pulpeiro e de ter unhas compañeiras que comparten a mesma ilusión e ganas de darlle mil primaveras máis de vida á nosa lingua. 🥰

    ResponderEliminar