Malia que falamos de moitos anos atrás e non existían leis contra a violencia machista, as nosas autoras e autores máis universais tamén foron sensibles a este tipo de violencia. Colgamos en @leirantes viñetas de Castelao que amosan o horror das mulleres aldraxadas durante a guerra civil e non esquecemos o durísimo poema de Rosalía de Castro "A xustiza pola man" que toca este tema de xeito desgarrador. Convidámosvos a que escoitedes as versións feitas por #Nao e #SondaRúa.💜💜
Ningún comentario:
Publicar un comentario