domingo, 28 de novembro de 2021

AGASALLA EN GALEGO POLO NADAL

 

Andades a xa a mirar nas tendas ou por internet agasallos para o Nadal? 🎁🎄Queredes agasallar en galego?🤍💙🤍 Un ano máis A Mesa pola Normalización Lingüística publica o seu catálogo de presentes de Nadal para todos os gustos: roupa, libros, papelaría, comida, bebida, xoguetes, discos, complementos, xogos....🎲💿📚🥫🍾🍫⚽👕💍deseñados e creados por empresas galegas que utilizan o noso idioma para anunciar e promocionar os seus produtos. 

Aplaudimos esta fantástica iniciativa da Mesa, de apoiar estas empresas. Non esquezades que tamén falar galego aos vosos é un agasallo, unha xoia💎 que non ten prezo e que pode durar mil primaveras máis se coidamos dela.

Premede en Catálogo de Nadal 2021 para accederdes a el.

Ningún comentario:

Publicar un comentario