martes, 9 de febreiro de 2021

TRAPEANDO POESÍA

 Esa é a orixinal proposta de Jarno, alumno de 4º de ESO, que realizou unha estupenda recreación do fermoso poema de Miro Villar Es doce como o sono degolado. Combinar a literatura con outras artes (pintura, debuxo, vídeo, música, danza, fotografía...🎶🎨🎬) xa fora feito por autores e autoras dos tempos das vangardas. O noso alumnado continúa exitosamente con esta tendencia da que veredes máis mostras.

Información para os/as laretas 😲👂! Reinounos tanto o vídeo de Jarno que contactamos con Miro Villar e enviámosllo para que o vise. O poeta respondeunos decontado expresando a súa grata sorpresa ao ver unha versión en trap dos seus versos. Nunca tal vira e gustoulle ben!😄 

Parabéns, Jarno e moitas grazas, Miro, por ser fonte de inspiración para o noso alumnado 💡💡💡

E agora, gozade vós do trap Es doce como o sono degolado!



2 comentarios:

  1. Moitas grazas, Jarno, polo teu interesante e sorprendente trap e a todos vós por divulgardes a nosa poesía en lingua galega.
    Fíxenme eco da nova na miña propia bitácora
    http://crebas.gal/?p=7615

    ResponderEliminar
  2. Ola Miro, son Jarno (ou Marcelino, que é o nome polo que me chama agarimosamente a miña profesora Belén), alégrome de que che guste o meu trap tan bacano, dentro de pouco han de vir cousiñas, hei facer mais traps sobre poesías :P <3. Unha aperta.

    ResponderEliminar