mércores, 7 de outubro de 2020

ASTÉRIX FALA GALEGO

Un clásico dos clásicos da banda deseñada, o galo Astérix, foi das primeiras historias que foron traducidas ao galego aló polos anos 70 do século pasado. O mérito debémosllelo, por certo, a autores consagrados da literatura galega, como Eduardo Blanco Amor ou Carlos Casares. Co nacemento da normativa, outros tradutores e tradutoras fixéronse cargo de verquer á nosa lingua as aventuras do Astérix, co seu inseparable Obélix e unha banda de personaxes secundarios inesquecible.

Un dos últimos tradutores é Xavier Senín, recén nomeado membro correspondente da Real Academia Galega, polo seu inestimábel labor de potenciar a tradución ao galego, un traballo importante dentro do proceso de normalización lingüística (Parabéns🎓). Na nosa biblioteca contamos con algúns títulos traducidos por Senín en colaboración con Isabel Soto, que Suso, o coordinador do Club de Lectura e grande amante da banda deseñada, nos amosa na foto. Agardan por vós!📕📙📘📗 🏃

Ningún comentario:

Publicar un comentario