mércores, 30 de setembro de 2020

CERTAME MICRORRELATOS SOBRE A DIVERSIDADE SEXUAL

 

Seguimos na liña de animar a escribir en lingua galega e a que participedes en concursos literarios. Este de microrrelatos, organizado polo xornal en liña Nós Diario en colaboración coa Asociación ARELAS, coa Asociación AVANTE LGTBI+ LUGO, coa Asociación SETE OUTEIROS e a REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO pareceunos moi interesante, por ese motivo propoñémosvos que creedes unha microhistoria non superior a 1700 caracteres que trate sobre a diversidade sexual .🌈

Tedes até o 23 de outubro para presentar as vosas creacións. Premede en BASES para ter máis información sobre o concurso (formato de entrega, premios, publicación...) Non o pensedes moito! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario