venres, 24 de abril de 2020

#MiñaCasiñaMeuLar SEGUIMOS FESTEXANDO O DÍA DO LIBRO

 www.belenmartinfranco.com
A Festa do Libro🎇🎆 prolongouse máis do que pensabamos e aínda imos tomar a penúltima escoitando as impresións das lectoras Cristina, Icía e Ariadna, alumnas de 1º de BAC, e de Laura, alumna de 2º de ESO.📚 sobre títulos en galego cos que pasaron moi bos momentos.
Nos vídeos as rapazas recoméndannos lecturas moi interesantes e inquietantes como poden ser Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz; Cando petan na porta pola noite, de  Xabier P. Docampo; e O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, que coincidiu ser o libro preferido de Icía e Ariadna.
Escoitádeas, que o fan fenomenal👌🔝🔝




Ningún comentario:

Publicar un comentario