www.belenmartinfranco.com |
Así fixeron Adrián, María, Area e Lucía, alumnos de 1º de Bacharelato que nos falaron das lecturas en galego que máis lles gustan. Entre elas atopamos títulos moi dispares de autores de diferentes xeracións literarias e variados estilos e xéneros: Adiós María, de Xohana Torres, Aire negro, de Agustín Fernández Paz, O sol do verán, de Carlos Casares, A dúbida, de María Reimóndez, Agosto do 36 de Xosé Fernández Ferreiro e Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, son os libros cos que pasaron moi bos momentos e nestes vídeos cóntannos por que.
Grazas, rapaces!💟 Somos todo oídos! 👂 E mañá máis!👈
Que xeito tan acaído de celebrar o Día do Libro. Alégrame moito ver a mocidade explicando as súas lecturas. Os meus parabéns para tod@s @s participantes. Sigamos lendo. O mellor amigo, sempre, un libro. 68
ResponderEliminarMarabilloso escoitar esta rapazada. Coñecinos en primeiro ciclo. Como miraron en todos os sendos.
ResponderEliminarParabéns!!