mércores, 19 de febreiro de 2020

CAZAFANTASMAS 3 (Rutas Literarias do Museo)

O terceiro grupo de 2º de ESO participou nas Rutas Literarias do Museo. De novo, tras unhas sesións de lectura dos Contos de fantasmas no Museo, as rapaces e rapazas puxéronse en marcha á caza de pistas para responder ben o cuestionario final que lles propoñen ao chegar á sala de Xulia Minguillón. Unha vez máis sorprendéronos coa súa rapidez e habilidade para resolver os misterios do Museo.👀👻👹👽👿💀👥
Queda unha ruta máis para o curso, estarán impacientes vendo o ben que o pasan os compañeiros dos outros grupos que xa foron.
Cal conto vos gustou máis? Ou cal vos puxo máis medo?😓😨😧😱



 Marchamos en bus...
 Pois nós en barco!
 Estes sofren alucinacións con tanta fantasma...
 Alá eles, nós, ao noso...

Ningún comentario:

Publicar un comentario