xoves, 20 de febreiro de 2020

AMAR EN GALEGO. Concurso LINGUA DE NAMORAR 2020

A miña vida e maila túa levan tempo querendo ser unha soa (Leticia) 💜Onde manda o amor, sobran as leis  (María)💙, Alto! Isto é un atraco, vouche roubar o corazón! (Jarno)💛, Pouco a pouco pasa o tempo e sei que che podo perder  (Naír)💚, Baixo a lúa ti me alumas (Naira)💗
Son frases de amor en lingua galega que crearon algúns dos nosos alumnos e  alumnas para participar
no Concurso Lingua de Namorar    convocado pola Dirección Xeral de Política Lingüística nesta edición de 2020.
Podedes enviar até o 9 de marzo ata dúas mensaxes de amor💑 dun máximo 350 caracteres por mensaxe, cubrindo o formulario que está nas bases (premede no nome do concurso).

Para o exame do amor só fai falta unha cousa: saber de amor, aprobaralo?💏 (Diana) Non vos encanta? Animádevos, que os premios están moi ben! 👌 Vale todo tipo de amor 👭👬👫 e en todos os seus estados! 💕💖💕💔💓


Ningún comentario:

Publicar un comentario