martes, 17 de decembro de 2019

LECTURA DO "CANTO DE NADAL" DE DICKENS

A Biblioleiras dedica este mes de decembro á figura do escritor inglés Charles Dickens, centrándose concretamente no seu clásico A Christmas carol, que non pode ir máis apropiado para estas datas.  
Nós tamén quixemos participar de novo nas actividades da Biblioteca realizando lecturas en lingua galega de fragmentos do Canto de Nadal  con alumnas e alumnos de 3º de ESO, que souberon poñerse moi ben no pelexo de Mr. Scrooge e no dalgunha das pantasmas que o foron visitar. 
Non nos estraña, con esa estupenda recreación do despacho do avarento señor Scrooge que montaron na Biblioteca, como para non vivir a historia...👻👴👻💮🎄
Bo traballo, lectoras e lectores!👏👏👏








Ningún comentario:

Publicar un comentario