xoves, 19 de decembro de 2019

BOAS FESTAS

O EDL do IES Leiras Pulpeiro quérevos desexar unhas moi Boas Festas de Nadal e un 2020 cheo de satisfaccións. 🎄

Pola nosa parte escribimos aos Reis Magos👑👑👑 unha carta pedíndolles que mellore a situación da nosa lingua da que deu parte o Comité de Expertos do Consello de Europa sobre a aplicación en España da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, para o cal cómpre tomar unha serie de medidas importantes que apoiaremos incodicionalmente.

E máis nada, reiteramos os nosos mellores desexos a todos os membros da comunidade educativa do centro.👐

Ningún comentario:

Publicar un comentario