mércores, 6 de novembro de 2019

CERTAME DE POESÍA NADAL 2019

O EDL sempre vos anima a facer maxia coas palabras en galego, así que temos unha nova proposta para vós: o Certame de Poesía Nadal 2019 organizado pola Biblioteca Pública de Lugo.🎄

Resumímosvos as bases:
  • Os/as participantes entrariades na categoría C (de 12 a 16 anos). 
  • Podedes presentar cantos traballos desexedes redactados en lingua galega, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, escritos a computador ou a man (sempre en bolígrafo, nunca lapis). 
  • Con cada traballo presentarase unha folla co nome e demais datos do/a autor/a. Témola no Departamento de Lingua e Literatura Galega, pedídellela ás profesoras 😊
  • O prazo de presentación rematará o 21 de decembro de 2019 e os poemas deben ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública..
  • Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial de Certame.


Ningún comentario:

Publicar un comentario