luns, 30 de setembro de 2019

ESTREAMOS CURSO COA ESTREA DE "O QUE ARDE"

 O director, Oliver Laxe, durante a presentación
previa á proxección
Comezamos a andaina do blog para este curso 2019-2020 por todo o alto! 🎉Nada menos que cunhas imaxes en primicia da estrea en Navia de Suarna (Lugo) do laureado filme de Oliver  Laxe O que arde.🎥🎬 do que xa falaramos previamente cando foi premiado en Cannes e grazas ao cal, escoitouse falar galego no ámbito cinematográfico internacional.

O director quixo que a presentación da súa película  tivese lugar na vila de Navia de Suarna que se encheu de público para a ocasión . Nós tivemos a sorte de que a  compañeira Juncal do Departamento de Lingua e Literatura Galega, estivese presente no acto e puidese conseguir estas imaxes que vos amosamos.

Parabéns, Oliver, polos teus éxitos e grazas por dar a coñecer a nosa lingua e terra por todo o mundo!
Laxe co seu equipo, no coloquio posterior á película.

 Coa actriz principal...

 E con Toño Núñez, mestre e asesor lingüístico do galego naviego
durante a rodaxe.

2 comentarios:

  1. Enorme o talento de Óliver Laxe. Enorme o filme O que arde, que recolle a esencia da terra ancaresa, incluída a nosa fala. A ver se arden os complexos! Ide vela!

    ResponderEliminar