martes, 11 de decembro de 2018

Xa temos o calendario de ESTIÑO 2019!



E coma sempre, non decepciona o resultado. Velaquí tedes o calendario para este ano 2019 co tema das flores silvestres galegas.
Que pétalo dos que fixeron os nosos alumnos e alumnas foi escollido para formar parte do calendario? Non debeu de ser doado para os responsables.
Finalmente decidíronse polo pétalo de Rosalía  Bernárdez Riopedre, alumna de 1ºB, que recibirá como premio un calendario.
Se vos gusta, podedes adquirir un calendario por 1,50 €. Soamente tedes que petar na porta do Departamento de Lingua Galega.

Grazas de novo aos participantes polo seu traballo e parabéns á gañadora!



 Pétalo debuxado por Rosalía

2 comentarios:

  1. Parabéns a Rosalía e o resto do alumnado, realmente a escolla foi complicada. Un proxecto educativo en Nicaragua será posible grazas ao traballo colaborativo de persoas estupendas coma vós. Grazas

    ResponderEliminar