Esta é a proposta que nos fai a Mesa pola Normalización Lingüística para estes días de compras de agasallos para o Nadal 🎄🎁🎁 e que nós apoiamos de moi bo grado.
Se premedes na palabra catálogo atoparedes presentes varios (libros, papelaría, discos, xogos, roupa, alimentos, obxectos de decoración, etc...) 👕👜💿📚👓🍫🍷🍪⚽🎲 elaborados ou xestionados por empresas que utilizan o galego para promociar os seus produtos. Moitos deles de seguro que vos van encantar para agasallar ou ser agasallados/as.
Esta iniciativa forma parte do proxecto Abertos ao Galego, que acompaña e apoia as empresas e entidades que empregan a nosa lingua.... por dez motivos . Queredes coñecelos? Volvede premer, desta volta en "dez motivos". A nós convencéronnos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario