Dende o noso EDL apoiamos con firmeza a proposta da Real Academia Galega, que considera que a nosa toponimia debe ser declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Os nosos topónimos ou nomes de lugar son dos máis númerosos, antigos, ricos e variados, non só de Europa, algún estudoso do tema atrévese a afirmar que do mundo. Calcúlase que temos só en Galicia arredor de un millón e medio de topónimos, aos que habería que engadir outro medio millón de topónimos de mar (talasónimos).
Temos que nos sentir orgullosos do noso enorme patrimonio toponímico e esixir que sexa protexido e valorado pola UNESCO. Sabiades que algúns dos nosos nomes de lugar teñen máis de 2000 anos?
Se tedes curiosidade por coñecerdes a riqueza toponímica do voso municipio, vila, parroquia, lugar, etc., entrade no Nomenclátor de Galicia, quedaredes sorprendidos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario