Comezaron- nunca mellor dito- a chegar inicios de posibles historias de medo en lingua galega. Lembrade, nun máximo de 25 palabras tedes que inquietar, arrepiar, espavorecer, estarrecer, horripilar, ou meter medo ao persoal para que lle tarde continuar coa historia😱😧😨😯😳.
E abofé que varios dos nosos alumnos e alumnas o conseguiron!
O xurado do Concurso do Mes do Medo da Biblioteca decidirá cal é o mellor a costa de pasalo un pouco mal😖😲😰. Aínda estades a tempo!💀👻
Ningún comentario:
Publicar un comentario