Neste mes de novembro non gañamos para sustos e arrepíos 😱 Desta volta imos deixar estes para máis adiante, que se non, vainos ir mal!! 😫
Xa temos as datas para a realizar os roteiros literarios baseados nos Contos de fantasmas no museo, 4 relatos escritos por Ledicia Costas, Carlos Negro, Anxo Fariña e Andrea Maceiras. Hai 4 roteiros para realizar: o de Minos, o do Astrágalo, o do Paxaro e o do Carneiro Alado.
Os alumnos e alumnas de 2º de ESO, despois de ler as historias, terán que completar unha folla de ruta que lles facilitarán no Museo.
Se queredes ir abrindo o apetito e ler algunha historia, premede no título do libro arriba⇈👻👻👻
Anotade as datas! 📝 2ºA.- 29 de xaneiro ás 12.30h
2ºB.- 19 de decembro ás 10h
2ºC.- 29 de marzo ás 11h.
2ºD.- 15 de maio ás 11h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario